Sunday 12 de May de 2024

As praias e piscina municipais de Laxe poderán contar con ata oito socorristas grazas a unha subvención da Xunta


• A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abrirá próximamente unha convocatoria de contratación laboral temporal para o fomento do emprego en colaboración coas entidades locais.

• A preselección de persoas candidatas deberá realizarse na Oficina de Emprego de Carballo.

Coa inminente chegada do verán, as Administracións ultiman os procedementos para dotar de servizos de calidade e seguridade as praias e piscinas municipais. Este é o caso do Concello de Laxe, que ten concedida unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o fomento do emprego, en colaboración coas entidades locais, coa contratación de oito socorristas: seis para praias e dous para a piscina.

A selección de persoal realizarase a través da oficina de emprego de Carballo, once terá lugar unha preselección inicial.

As persoas que desexen formar parte deste proceso deberán estar inscritas na Oficina do Servizo Público de Emprego de Carballo na ocupación de socorrista.

A duración do contrato será de dous meses. As bases da convocatoria poden consultarse no Servizo de Emprego e Promoción Económica chamando ao 981 706 903.